Javier Francisco Ceballos Jimenez: Alba Doval, poeta e tradutora – Lecturafilia

Literatura Clásica

Alba Doval, poeta e tradutora – Lecturafilia

Javier Francisco Ceballos Jimenez: Alba Doval, poeta e tradutora – Lecturafilia

Alba Doval estudou Filoloxía inglesa e fixo un mestrado en Estudos da Literatura e da Cultura na Universidade de Santiago de Compostela e outro de Tradución Especializada na Universidade de Vigo.

A súa vida entre letras levouna a escribir o poemario Unidade (Rodolfo e Priscila, 2022) e a traducir ao galego os poemas de Chika Sagawa, traballo que levou a cabo canda Sawako Nakayasu, e que se atopa na editorial Rinoceronte.

No ano 2022 gañou o XXIII Premio de Poesía Díaz Jácome coa obra A herba que crece sobre nós.

Coñecémola un pouco mellor neste Cuestionario Proust:

1. O principal trazo do teu carácter? O silencio, probablemente.

2. Que calidade aprecias máis nun home? A honestidade.

3. E nunha muller? O mesmo.

4. Que agardas das túas amizades? Só que saiban que as quero ata o infinito.

5. O teu principal defecto? A ausencia.

6. A túa ocupación favorita? Ver series dos ’90 en bucle.

7. O teu ideal de felicidade? Poder vivir.

8. Cal sería a túa maior desgracia? Que se cumpran as cousas que máis temo.

9. Que che gustaría ser? Tradutora.

10. En que país desexarías vivir? Gústame a miña zona.

11. A túa cor favorita? Lavanda, lila.

12. A flor que máis che gusta? O tulipán.

13. Que paxaro prefires? As andoriñas que se ven xogar polo ceo desde a casa de meus pais.

14. Os teus autores/as favoritos en prosa? Para min isto é algo cambiante. Ultimamente Esmé Wang, Annie Ernaux, Berta Dávila…

15. E poetas? Frank O’Hara, John Ashbery, Anne Carson, Alejandra Pizarnik, entre moitos outros.

16. Un heroe de ficción? Non se me ocorre.

17. Una heroína? Tampouco.

18. O teu músico ou música favorito/a? Tamén vai por épocas. Agora escoito bastante a Joji, a Agnes Obel, e o heavy metal da miña adolescencia.

19. O teu pintor ou pintora preferido/a? Os meus amigos talentosos, que son uns cantos.

20. O teu heroe ou heroína na vida real? Meus pais.

21. O teu nome favorito? Nora.

22. Que hábito alleo non soportas? A mentira.

23. Que é o que máis detestas? Os que falan dos demais sen os coñecer.

24. Unha figura histórica que che poña mal corpo? Creo que xa se dixo, pero os políticos.

25. Un feito histórico que admires? O sufraxismo.

26. Que virtude desexarías posuír? A calma.

27. Como che gustaría morrer? De velliña.

28. Cal é o estado máis común do teu ánimo? Moi canso.

29. Que defectos che inspiran maior indulxencia? Intento non pensar na xente como tendo “defectos”.

30. Tes unha máxima ou lema de vida? Pouco a pouco.



Ver fuente