Javier Francisco Ceballos Jimenez: escritor de literatura infantil e xuvenil e poeta – Lecturafilia

Literatura Clásica

escritor de literatura infantil e xuvenil e poeta – Lecturafilia

Javier Francisco Ceballos Jimenez: escritor de literatura infantil e xuvenil e poeta – Lecturafilia

Miguel Ángel Alonso Diz posúe un sorriso contaxioso, polo que é doado sentir esperanza ao velo. Madrileño de nacemento, aínda que galego de adopción e de sentimento, Alonso Diz, é un dos escritores máis talentosos da literatura infanto xuvenil galega, con títulos como O cullarapo Croque, A nena á que non deixaban ser feliz, Mel unha mosca agradecida, Piratas no recreo ou O país da choiva.

Licenciado en Economía, ten experiencia como docente na ensinanza privada. Forma parte do espazo “A porta verde do sétimo andar”, e participa en numerosas iniciativas culturais en Galicia e Portugal.

Coñecémolo mellor neste Cuestionario Proust:

1. O principal trazo do teu carácter? Honestidade.

2. Que calidade aprecias máis nun home? A bondade.

3. E nunha muller? A bondade.

4. Que agardas das túas amizades? Que sexan boas persoas.

5. O teu principal defecto? Son esixente comigo mesmo.

6. A túa ocupación favorita? Estar coa familia.

7. O teu ideal de felicidade? A felicidade son eses breves intres que construímos. O meu ideal é estar en paz comigo mesmo e xunto as persoas que quero.

8. Cal sería a túa maior desgraza? Perder a un ser amado.

9. Que che gustaría ser? O que son.

10. En que país desexarías vivir? No que vivo, mais desexo que as persoas que habitan nel se decaten da beleza do seu patrimonio material e inmaterial.

11. A túa cor favorita? Todas. Namóranme as diferentes cores que pode albergar o ceo.

12. A flor que máis che gusta? Todas. A natureza é un ben que debemos coidar.

13. Que paxaro prefires? A bubela, o paporroibo e tamén os mouchos.

14. Os teus autores/as favoritos en prosa? Xosé Neira Vilas e Agustín Fernández Paz.

15. E poetas? Celso Emilio, María do Carme Kruckenberg, Antonio García Teijeiro, Bernardino Graña, Helena Villar Janeiro, Gloria Sánchez, Manuel María, Antonio Machado, Lorca, Albertí, Miguel Hernández… sigo?

16. Un heroe de ficción? Talvez o Spiderman dos cómics ou o Luke Skywalker das películas.

17. Unha heroína? Mafalda.

18. O teu músico ou música favorito/a? Hai moitos. Direi The Beatles e Vetusta Morla.

19. O teu pintor ou pintora preferido/a? Picasso, Velázquez, Goya, Ángeles Santos, Van Gogh…

20. O teu heroe ou heroína na vida real? A miña muller.

21. O teu nome favorito? (EMMA) Todos formamos parte deste nome: Esther Manoli Miguel Anxo

22. Que hábito alleo non soportas? A falsidade das persoas que só establecen relacións interesadas.

23. Que é o que máis detestas? Cobiza / Egoísmo.

24. Unha figura histórica que che poña mal corpo? Calquera ditador.

25. Un feito histórico que admires? Agora mesmo, non sei que responder.

26. Que virtude desexarías posuír? A de poder curar o corpo e a alma dos demais.

27. Como che gustaría morrer? Acompañado dos seres queridos e co peito cheo de fermosos momentos.

28. Cal é o estado máis común do teu ánimo? Agora, en paz.

29. Que defectos che inspiran maior indulxencia? A falta de paciencia.

30. Tes unha máxima ou lema de vida?

Dúas:

“Non son máis nin menos que ninguén”.

“As cousas son como son ata que deixan de selo”.



Ver fuente