Javier Francisco Ceballos Jimenez: escritor e mestre – Lecturafilia

Literatura Clásica

Andábamos sin buscarnos pero sabiendo que andábamos para encontrarnos

Javier Francisco Ceballos Jimenez: escritor e mestre – Lecturafilia

Xosé Carlos Carracedo é desas persoas íntegras, coa mirada inocente e soñadora. Graduado en Maxisterio e escritor, na mocidade coñeceu a Neira Vilas e escribiu a súa ópera prima Somos de Arxerís, que ilustrou o fotógrafo Fuco Reyes. Posteriormente empezou a traballar con nenos e nenas de altas capacidades en proxectos impulsados pola Universidade de Santiago de Compostela en diversos lugares da xeografía galega.

Na década de 2020 comezou a publicar textos nas súas redes sociais e de aí saíu o libro autobiográfico Diario dun confinamento. Gañou o premio de poesía Pérez Parallé en 2023 coa obra Utensilios de cociña e algúns xantares caleidoscopicos.

Coñecémolo mellor neste Cuestionario Proust:

  1. O principal trazo do teu carácter? O entusiasmo alegre.
  2. Que calidade aprecias máis nun home? A altura de miras e a bondade.
  3. E nunha muller?O mesmo.
  4. Que agardas das túas amizades? Lealdade, afecto e coidado.
  5. O teu principal defecto? Son algo obsesivo coas cousas que me interesan.
  6. A túa ocupación favorita? Ser libre: escribir, facer deporte e ler. Tamén tomar unha caña con quen me dea unha boa conversa. E estar de vacacións tamén. O outro día escoitei unha frase que dicía que se traballar é bo para a saúde que traballen os enfermos.
  7. O teu ideal de felicidade? Fantasío coa idea de transitar os Pirineos de Catalunya a Euskadi na bicicleta cunha mochila que leve un libro e un caderno (e roupa, claro. Viva a hixiene!). Logo habería que ver como volver a Galiza. Hai que conectar as nacións sen estado. Facer un velogaleusca. Como rutina? Estar ben e ocupar o tempo no que proporciona benestar. Ter liberdade, amor e saúde.
  8. Cal sería a túa maior desgraza? Vivir poucas vidas.
  9. Que che gustaría ser? Eu mesmo, pero máis aprendido.
  10. En que país desexarías vivir? Nunha Galiza que non deixe de ser. Nun país no que a memoria dos nosos perdure. Se segue así acabaremos en Portugal! O galego non protesta, o galego emigra.
  11. A túa cor favorita? Agora o amarelo como opción progresista de innovación, mais continúa a resistirse o verde na paleta conservadora dos gustos.
  12. A flor que máis che gusta? A margarida. É a flor meiga. O oráculo das plantas.
  13. Que paxaro prefires? O corvo Vicente de Miguel Torga porque desafiou a Deus e gañou. Tamén o miñato, que vexo planear ou observando os prados. El tamén desafía, pero semella derrotado.
  14. Os teus autores/as favoritos en prosa? Os que me baten na cabeza son Álvaro Cunqueiro, Margarite Yourcenair, O propio Torga, García Márquez, Cortázar, Hesse, Saramago…
  15. E poetas? Eduardo Galeano, Lois Pereiro, Rosalía, Borges, María Zambrano, Pessoa… Empecei hai pouco con Chantal Maillard e promete, mais aínda non a asentei.
  16. Un heroe de ficción? Monkey D. Luffy. Tamén Ulises, que é o seu “avó”.
  17. Unha heroína? Sherezade, porque inventou a mestría de contar. Tamén Lilit, a primeira revolucionaria.
  18. O teu músico ou música favorito/a? Clásica e Rock. De Mozart a Springsteen pasando por Sés.
  19. O teu pintor ou pintora preferido/a? Gústanme os vangardistas, pero non teño ningún favorito.
  20. O teu heroe ou heroína na vida real? Cústame responder a esta pregunta porque teño a impresión de que ninguén é heroe ata que morre.
  21. O teu nome favorito? Mael.
  22. Que hábito alleo non soportas? Non me gusta nada que me escarmenten dicíndome o que teño que facer, pero soportar é unha palabra moi forte. Todos caemos en malos hábitos. Agora, se se xuntan moitos ou cousas moi graves marcho de aí.
  23. Que é o que máis detestas? Os grelos. Atragoeime de cativo e non podo con eles. Tampouco me gusta o caldo. Téñenme chamado apátrida.
  24. Unha figura histórica que che poña mal corpo? Unha delas Franco. Un bárbaro. No plano cultural talvez pensemos cousas semellantes dos que aprobaron e fomentaron o Decreto 79/2010. Unha norma que analfabetiza o pobo dende a escola. O futuro ditará sentencia.  Ponme mal corpo toda esa corrente histórica.
  25. Un feito histórico que admires? Os neofalantes e todos aqueles que impidan a nosa extinción cultural.
  26. Que virtude desexarías posuír? Maior asertividade.
  27. Como che gustaría morrer? En Ítaca. Moi velliño, con saúde e feliz. Cunha gran familia e con moitos libros escritos.
  28. Cal é o estado máis común do teu ánimo? Pensando cousas. Son un bulebule.
  29. Que defectos che inspiran maior indulxencia? Os que non son mal intencionados e que non desembocan nunha traxedia.
  30. Tes unha máxima ou lema de vida? Si, pero é un segredo!



Ver fuente