Javier Francisco Ceballos Jimenez: escritora e profesora – Lecturafilia

Literatura Clásica

escritora e profesora – Lecturafilia

Javier Francisco Ceballos Jimenez: escritora e profesora – Lecturafilia

Blanca Riestra (A Coruña, 1970) é Doutora en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Borgoña cunha tese sobre o poeta Juan Larrea, foi directora do Instituto Cervantes de Albuquerque (Estados Unidos), directora literaria da colección “Versión Celeste” da editorial francesa Orbis Tertius, profesora universitaria e, na actualidade, traballa como profesora de secundaria no IES Neira Vilas de Oleiros.

A autora conta cunha abondosa produción literaria tanto en galego como en castelán. Entre as máis recentes están Anatol e dous máis e Aquí comeza o mar, obras nas que se observan as referencias filosóficas e musicais en concomitancia cun tempo xa pasado e adobiado de nostalxia.

Coñecémola mellor neste Cuestionario Proust:

  1. O principal trazo do teu carácter? O humor, a perseverancia, a tendencia a abstración.
  2. Que calidade aprecias máis nun home? O sentido do humor, a intelixencia.
  3. E nunha muller? As mesmas.
  4. Que agardas das túas amizades? Lealdade e agarimo.
  5. O teu principal defecto? Certo nihilismo.
  6. A túa ocupación favorita? Escoitar rock en vivo.
  7. O teu ideal de felicidade? Atopar un certo tipo de serenidade.
  8. Cal sería a túa maior desgraza? A enfermidade dos que quero.
  9. Que che gustaría ser? Unha escritora total, das que escriben o mundo todo.
  10. En que país desexarías vivir? No que vivo, en Galicia.
  11. A túa cor favorita? O amarelo.
  12. A flor que máis che gusta? A fresia.
  13. Que paxaro prefires? A gaivota.
  14. Os teus autores/as favoritos en prosa? Djuna Barnes, Marguerite Duras, Georges Bataille. Roberto Bolaño.
  15. E poetas? Arthur Rimbaud.
  16. Un heroe de ficción? Arturo Belano.
  17. Una heroína? Robin Vote.
  18. O teu músico ou música favorito/a? Tom Waits.
  19. O teu pintor ou pintora preferido/a? Balthus.
  20. O teu heroe ou heroína na vida real? Os meus pais.
  21. O teu nome favorito? Nina.
  22. Que hábito alleo non soportas? Toléroos todos.
  23. Que é o que máis detestas? A grosería.
  24. Unha figura histórica que che poña mal corpo? Xoan Pablo II e a nai Teresa de Calcuta.
  25. Un feito histórico que admires? A revolución francesa. A lei Ferry.
  26. Que virtude desexarías posuír? A ledicia absoluta.
  27. Como che gustaría morrer? Consciente, despedíndome dos que quero.
  28. Cal é o estado máis común do teu ánimo? Oscilo entre a euforia e a saudade.
  29. Que defectos che inspiran maior indulxencia? Todos.
  30. Tes unha máxima ou lema de vida? Navigare et non vivere necesse.



Ver fuente