Javier Francisco Ceballos Jimenez: Cuestionario Proust Fabio Rivas: escritor – Lecturafilia

Literatura Clásica

Cuestionario Proust Fabio Rivas: escritor – Lecturafilia

Javier Francisco Ceballos Jimenez: Cuestionario Proust Fabio Rivas: escritor – Lecturafilia

Fabio Rivas (Pontevedra, 1997) estudou Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios na Universidade de Vigo e traballa como libreiro na cidade onde naceu. Escribe relatos desde moi novo e acadou galardóns, como o II Certame de Relato Curto en Igualdade Lonxa Literaria-Concello de Moaña (2021), o XXV Certame Literario de Piñor (2022) e o Premio de Relato Curto da Universidade de Vigo (2021, 2022).

Con A pintura debida (Xerais, 2023), o seu primeiro libro de relatos, colleitou un gran éxito de público e crítica, e mesmo se lle ten comparado con Manuel Rivas, Álvaro Cunqueiro ou Eduardo Blanco Amor.

1. O principal trazo do teu carácter? Son moi impulsivo.

2. Que calidade aprecias máis nun home? A empatía.

3. E nunha muller? O mesmo.

4. Que agardas das túas amizades? Fidelidade.

5. O teu principal defecto? A desorganización.

6. A túa ocupación favorita? Botarme ao monte.

7. O teu ideal de felicidade? Outro Nadal sen que ninguén falte na mesa.

8. Cal sería a túa maior desgraza? Que si falten.

9. Que che gustaría ser? Nómade.

10. En que país desexarías vivir? En tantos como me sexa posible, sabendo que ao remate hei regresar á casa.

11. A túa cor favorita? O violeta pastel.

12. A flor que máis che gusta? A chorima.

13. Que paxaro prefires? As bubelas e as aves de rapina, coma os miñatos.

14. Os teus autores/as favoritos en prosa? Carlos Casares, Cristina Sánchez-Andrade, Mircea Cărtărescu, Zweig, Baricco, Maggie O’Farrell…

15. E poetas? Fran Cortegoso, Lois Pereiro, Ferrín…

16. Un heroe de ficción? Caladiño.

17. Unha heroína? Seguindo coa obra de Chano Piñeiro, Tía Sunción.

18. O teu músico ou música favorito/a? Creo que non teño, pero escoito con frecuencia a Boney M por meu pai.

19. O teu pintor ou pintora preferido/a? Laxeiro ou Maruja Mallo.

20. O teu heroe ou heroína na vida real? Meu pai.

21. O teu nome favorito? Xan Perdulario.

22. Que hábito alleo non soportas? O ruído ao mastigar.

23. Que é o que máis detestas? Os e as meritócratas.

24. Unha figura histórica que che poña mal corpo? As figuras dos fascismos e cadanseus descendentes ideolóxicos.

25. Un feito histórico que admires? A revolta Irmandiña.

26. Que virtude desexarías posuír? A paciencia.

27. Como che gustaría morrer? Sabendo que haberá quen me bote de menos.

28. Cal é o estado máis común do teu ánimo? Desexoso.

29. Que defectos che inspiran maior indulxencia? A gula e a credulidade.

30. Tes unha máxima ou lema de vida? Róubolla a Vonnegut: «É o que hai».



Ver fuente