Javier Francisco Ceballos Jimenez: Paulo González Ogando, profesor e escritor – Lecturafilia
Paulo González Ogando (Pontevedra, 1982) é profesor de secundaria e imparte clases de Matemáticas en Bueu. Afeccionado á lectura de obras de divulgación científica, a súa paixón pola popularización das matemáticas levouno a escribir este libro. No seu blog Compás e regra leva compartidas máis de duascentas construcións dinámicas elaboradas seguindo as normas clásicas da xeometría con regra e compás.
Ademais escribiu o libro Bocados matemáticos no que dá resposta, fomenta a curiosidade e fai que se lle perda o medo ás matemáticas.
Coñecémolo mellor neste Cuestionario Proust:
1. O principal trazo do teu carácter? Metódico.
2. Que calidade aprecias máis nun home? A intelixencia.
3. E nunha muller? A intelixencia.
4. Que agardas das túas amizades? Non agardo nada, pero aprecio todo o que me dan.
5. O teu principal defecto? Ser cuadriculado en exceso.
6. A túa ocupación favorita? A lectura.
7. O teu ideal de felicidade? Ter suficientes momentos de silencio e tranquilidade.
8. Cal sería a túa maior desgraza? Que a cabeza deixase de funcionarme.
9. Que che gustaría ser? Matemático.
10. En que país desexarías vivir? Onde mellor que en Galicia.
11. A túa cor favorita? Azul escuro.
12. A flor que máis che gusta? O estralote.
13. Que paxaro prefires? Paspallás.
14. Os teus autores/as favoritos en prosa? Moitas e moitos, non son quen de escoller unha soa: John Steinbeck, Haper Lee, Antía Yáñez, Miguel Delibes, Lev Tolstoi, Edurne Portela, Torrente Ballester, Isaac Asimov, Tara Westover e un longo etcétera.
15. E poetas? Rosalía de Castro.
16. Un heroe de ficción? Ender Wiggin.
17. Una heroína? Hermione Granger.
18. O teu músico ou música favorito/a? Paco Ibáñez.
19. O teu pintor ou pintora preferido/a? Non sei se entra plenamente nesta categoría, pero fascíname a obra de Maurits Cornelis Escher.
20. O teu heroe ou heroína na vida real? Todo profesional da medicina.
21. O teu nome favorito? Aldán.
22. Que hábito alleo non soportas? A impuntualidade.
23. Que é o que máis detestas? Que me mintan.
24. Unha figura histórica que che poña mal corpo? Calquera que se lucre persoalmente de guerras e disputas políticas. Por desgraza, son tantos e tantos…
25. Un feito histórico que admires? A demostración de Andrew Wiles do Último Teorema de Fermat.
26. Que virtude desexarías posuír? Creatividade.
27. Como che gustaría morrer? Sen dor.
28. Cal é o estado máis común do teu ánimo? Sereno.
29. Que defectos che inspiran maior indulxencia? A torpeza.
30. Tes unha máxima ou lema de vida? Nunca deixes de aprender.